Theatre
A trastenda dos contos

Tuesday 19
| Praza de Azcárraga | 18:00

O Planeta M’BURRO é (como o nome ben di) moi aburrido. Alí todo é monótono, todo o mundo viste igual, as comidas saben todas ó mesmo, as familias teñen sempre os mesmos compoñentes, … Cando un M’burrido ven de expedición intergaláctica ó noso Planeta Terra, observa que aquí nos gusta moito a diversidade, … e o máis curioso, as familias non son todas idénticas: Hai familias cunha nai e un pai, familias con dúas nais, con dous pais, familias monoparentais, … O que nun comezo lle parece ó estrano ET desorden e caos acaba convertíndose en riqueza cultural e sensación de fresca liberdade.

Unha maravillosa viaxe interplanetaria para poñer en valor a diversidade de gustos, apetitos e atraccións. Un encontro na 3a fase para normalizar unha realidade que xa a ninguén debería estranar: A diversidade sexual e de xénero.