Theatre
Elefante Elegante

Friday 22
| Xardíns de Méndez Núñez | 18:00

O espectáculo conta a historia de Tristán. Un día, de tan triste que estaba decidiu arrancar o seu corazón para nunca máis sofrer e deullo a un páxaro que pasaba por alí. Mais as cousas non lle sairon como el esperaba. Tristán non deixou de sofrer, e o que foi peor, nunca máis un sorriso, por pequeno que fose, se debuxou nos seus beizos. A partir daquel día pasaron a chamarlle Tristán cara de can. Pero a historia non remata asi… Dentro dunha misteriosa caixa aparece unha boneca de trapo que vai tentalo todo para facer rir ao noso personaxe. Será ela capaz?

Os temas da soidade, do abandono e da tristeza son tratados dende unha perspectiva cómica e inxenua de xeito a interpelar aos máis pequenos.