Music
Marian Ledesma

Sunday 24
| Praza de María Pita | 18:00

Preguntáchesche algunha vez por que Dorothy só tiña que chocar os seus zapatos para volver a casa? Ou por que o Lobo sempre está enfadado e famento en todos os contos? Pode un ogro namorarse dunha bruxa?

As respostas a estas preguntas daranse en forma de canción. 

Marian Ledesma tráenos historias máxicas e descoñecidas a través de cancións que esconden secretos e redescubriremos xuntos aqueles clásicos para todos os públicos.