Theatre
Pérez & Fernández Group

Wednesday 20
| Praza do Humor | 18:00

AGURATRAT é a adaptación teatral da Cía. Pérez&Fernández do libro “Esio Trot” de Roald Dahl, un dos autores máis lidos da literatura infantil universal (“Charlie e a fábrica de chocolate”, “James e o pexego xigante”, “Matilda”, “As Bruxas”, “Mr. Fox”, etc.) Nesta historia sobresaen dous importantes aspectos: o amor entre persoas maiores e o amor ós animais. Ambos temas tratados con delicadeza e humor. Unha obra de teatro para público familiar que goste dos xogos de palabras, das tartarugas, dos seus maiores e das ideas orixinais e divertidas.

Idade recomendada: A partir de 5 anos.