Theatre
Soledad Felloza

Sunday 24
| Praza de María Pita | 18:00

Que os contos teñen maxia, ninguén o dubida. Ou que son máxicos. Ou que hai que facer maxia para que aparezan. Ou que a hora en que aparecen é máxica. O problema é cando os que temos que facer maxia somos nós.

Nós que nunca fixemos un curso de magos, aínda que eu si fixen un de hortifrutiflocultura e un de macramé e outro de como facer caramelos que non serven para nada neste caso.Que faremos fronte a esa dificultade? Darémonos/Darémosnos por vencidos? ¡Nunca! Poñerémonos/Poñerémosnos a chorar?¡Noooo! (Bo, talvez un poquito) Virannos ganas de facer pis? Quizais, pero como heroicos cabaleiros e caballeras, depoñeremos a necesidade para logo e dedicarémonos/dedicarémosnos a pensar.

Que se necesita para facer maxia?
¡Varitas! Non temos
¡Chapeus! Tampouco
¡Meigos! Somos nós.
¡Pos Máxicos! Si, e saben onde hai? Simple, hai que pechar os ollos, apertalos ben forte, ben forte e verán aparecer uns puntitos de cores pequeñitos, son estrellitas máxicas.
¡Rápido pasen as mans polos ollos e garden nas medias, as orellas, os calzóns!
Palabras máxicas? ¡Iso!
E cales coñecedes vós?
Ah, esas tamén mas se eu, pero non viron que un dias e non sucede nada?

Non sexades mal pensados, non é que non sirvan, é que esas palabras están como os pais alá por xullo, cansas, esgotadas, sen cor, sen forza, necesitan vacacións, así que non xoguen a risa co “abracadabra” porque en calquera momento, plenas de enerxía regresarán da praia ou de onde estean descansando e pódennos xogar unha mala pasada.

Pero mentres, eu voulles a deixar unhas palabras que andan pola miña terra e que son moi fáciles de aprender:
¡Detinmarinquedopinuépúcaramácaratíterefue!

Isto devandito, logo de encher de estrellitas máxicas todo o espazo, poñendo cara de mago e voz de mago fará que apareza o primeiro conto.

Será Olegario, que segue buscando un electricista que lle permita ser a luciérnaga máis brillante do bosque? Será Mongorito Flores que regresa de triunfar polo mundo? Ou o Esportivo Combotá que gaña o mundial do barrio Bela Vista? Ou o Sapo que está mais namorado que nunca da Pata e xa non pode vivir de tanto sufrimento? Ou talvez é o Ratón Ninja que segue tratando de dominar o mundo. Aínda que quixese crer que non é María Angula que aparece xa morta aos pés da nosa cama, ou o Tutú Marambá, que carga a súa bolsa de pesadelos. Prefiro crer que camiñaremos como Tranquila Tragaleguas polos camiños da fantasía, porque “paso a paso pódese chegar”.

Así que ¡Detinmarinquedopinuépúcaramácaratíterefue!