Teatro
Artestudio Teatro

lunes 18
| A Silva | 18:00

Cando era pequeno, lembro que xogaba co meu pai os venres pola tarde, os sábados e os domingos; pasou un tempo e xogaba co meu pai os sábados e os domingos; pasou un tempo e só xogaba con él os domingos.

Un domingo calquera atopei ó meu pai vestido para ir traballar e lle dixen- “Qué fas!. Hoxe é o día de xogar xuntos”.

O meu pai miroume e contestoume- “Eres pequeno, non o entendes, se vou traballar é para poder ter máis cousas, para ter unha casa máis grande e para poder facer máis cousas xuntos”.

“¡Facer máis cousas xuntos!, claro papá se é para facer máis cousas xuntos, marcha, que eu estarei esperando”. Respondín.

E estiven esperando polo meu pai… pero non esperei só, sempre estivo ó meu carón o meu avó, o meu avó Secundino.

“Avó” é unha peza de teatro unipersonal onde o protagonista lembra todos os momentos, vivencias e ensinanzas que compartiu co seu avó, que xa non está…