Teatro
Dinamo Teatro

domingo 17
| Palavea | 18:00

Pedro Brandariz é un dos cómicos galegos máis recoñecidos en todo o panorama escénico. Actor, monologuista, clown e sobre todo… narrador oral. Tanto nas súas aparicións televisivas como en todos os espectáculos que ten tanto en solitario como en diferentes compañías, Brandariz fai da palabra a súa ferramenta básica de traballo para fascinar a todo o público que se lle poña por diante.

“Os Contos do Grúfalo” é un espectáculo de narración oral que protagonizado por un ratiño que vai atopando diferentes animais que viven no bosque e todos o queren papar, pero de todos eles consigue salvarse con moito astucia e recurrindo a un ser imaxinario chamado “Grúfalo”, unha invención da súa cachola que se cadra finalmente non era tal. Seguindo o fío conductor do ratiño coñecemos as relación que hai entre os animais e as prantas e árbores do bosque, aprendemos que un bosque é un ecosistema vivo e sobre todo descubriremos a necesidade de amar e conservar a natureza.