Música
Banda Xangai

Sábado 23
| Explanada de Riazor | 18:00

De vocación extremadamente festiva, os seus directos están cheos de referencias ás músicas que levan xeracións facendo bailar os torreiros do país, un directo pensado para o goce e o baile sen fin. Comboio de baile para os novos tempos, o xangai avanza cun único combustible: a emoción dos pasaxeiros. Dez músicos provenientes de grupos como os Tres Trebóns, os Papaqueixos, os Homes Sen Medo, o Jarbanzo Negro ou os Diplomáticos de Monte Alto. Alén de tal tsunami, nas diferentes paradas adoitan subir ao tren outros artistas de longo percorrido: Manolo Rivas, García MC, Lydia Bolboreta, As Garotas da Ribeira, Pinto de Herbón, Manolo Maseda, ou Vitor de Ginocha (rumbeiro do Porto Son, emigrante en Barcelona, que aprendeu os recortes do propio Peret).