Teatro
Caramuxo Teatro

Sábado 16
| Parque de Santa Margarita | 18:00

Caramuxo Teatro é unha compañía de Teatro Infantil e familiar nada na Coruña no 2003 formada por Juan Rodríguez e Laura Sarasola. No ano 2003 estrea o primeiro espectáculo para bebés feito en Galicia : ”GLub Glub”.No 2008 estrea outro espectáculo para a primeira infancia: “Zapatos”, espectáculo polo que tiveron unha mención especial na XXVI Mostra Internacional de Vall d ́Albaida e está recomendado pola Rede Nacional de Teatros. No 2012 estrea “Ñam”,tamén para bebés, no que se mistura teatro e cociña e no ano 2013 leva a cabo “Os Encontros dos Axóuxeres”.

Caramuxo Teatro ten dende a sua orixe un especial interés polo traballo adicado a primeira infancia , creando montaxes para estas idades. Colabora directamente con centros de educación infantil nos que en moitas ocacións desenvolven o seu traballo adaptándoo as necesidades das escolas . Tamén participou co seu espectáculo “Zapatos” nas Xornadas de Teveo en Zamora e en varios ciclos específicos de teatro para bebés como “EL calderón en pañales” en Vaiadolid ou dentro de programacións infantís como “Todo público” , “Galicreques”, a “M.I.T.” a programación específica infantil del Teatre Escalante en Valencia, a Fetén, Galicia Escena Pro, entre outras. Actualmente, ademáis de traballar nunha liña específica para bebés, ten en carteleira espectáculos para o público infantil e familiar. Dende os inicios mistura diferentes técnicas, teatro de actor, títeres, danza… tanto nos espectáculos para bebés como nos de público familiar, producindo montaxes entre as que destacan “Mensaxe sen botella” “Historia dunha semente”, “Animaliños”, “Os Bolechas” ou “Pío” entre outros.

“O Pavillón Lino” é unha nova proposta cultural de Caramuxo Teatro que vai un paso mais alá de ser unicamente unha produción teatral. É un proxecto singular e creativo que pretende ter un interés cultural no sentido mais amplo da palabra, xa que a parte de ser un novo espectáculo teatral ten tamén a función de dar a coñecer e facer unha homenxe a un espazo xa desaparecido no panorama cultural galego: “O pavillón lino”.Un referente da arquitectura modernista aplicada a arte, que fora o primeiro espazo galego en presentar as característas artísticas referidas ao modernismo situado na cidade da Coruña, que non existe dende o 1925. Era un pavillón de verán, construído no 1905, disposto para aproveitar a afluencia de público nas festas da cidade no mes de Agosto. Dentro do Pavillón Lino podían ofertarse diferentes actividades artísticas e culturais dende cine, ventrílocuos, bailarinas, autómatas…O que chama atención deste singular edificio e que despois das festas de verán mantívose en pé, e modificouse para a mellora das instalacións. Pasou a ser espazo sólido, amplo, elegante con un escenario no que podería desenvolverse unha grande compañía e no que actuaban artistas de todo o panorama nacional. Houbo un un especial interés en decorar a nova fachada con estilo modesnista , caracterizada polo seu gran arco na entrada. Xusto enriba aparecían en letras típicas da época ó nome do local “Pabellón Lino”.