Música
Caxoto

Contacontos
Novo Mesoiro Xoves 20

A Trastenda dos Contos é un proxecto nado no 2012 que busca crear un espazo multidisciplinar onde conflúa a narración oral con outras eidos socioculturais (musica, tradicións, contidos educativos, enfoque social, …). Tralo mostrador da Trastenda atópase Felipe Díaz (Caxoto) narrador oral con máis de 10 anos de traxectoria escénica dende que entrara como mozo de almacén na Editorial Kalandraka para nuns meses pasar a encargarse da campaña de animación á lectura que o levaría por colexios de toda Galicia. Dende aquela Caxoto Contacontos percorreu varias veces a toda a xeografía galega cos seus espectáculos cheos de música, entrañables personaxes, un bo surtido de emocións … e moitas, moitas risas.

Desta volta trae o seu espectáculo “Conto para escoitar mentres bailamos un valse” unha viaxe fantástica “multinstrumental” a través da linguaxe universal da música.