Teatro
Dinamo

Xogos populares
Campo da leña Luns 24

O San Xoan é unha data destacada no noso calendario, unha tradición que forma parte da nosa cultura dende fai séculos. Coma o San Xoan, tamén os xogos populares son una parte importante da nosa identidade cultural.

Xogan os nenos e as nenas, cos seus avós e coas súas avoas, se unen os amigos, as veciñas e finalmente xa non sabemos se xogamos ou celebramos, desfrutamos do tempo compartido, dos encontros que se crean a través dos xogos que van pasando de xeración en xeración e que aínda hoxe nos encantan!

O obradoiro de xogos populares vai dirixido a calquer persoa, grande ou pequena á que lle guste xogar e aprender. Desfrutaremos dos clásicos, dos xogos populares que aprendemos nas rúas das nosas aldeas; a rá, os zancos, o tres en raia, a buxaina, o sogatira, a carreira de sacos…son entre outros os xogos que poderedes atopar no Campo da Leña o día 24 de Xuño a partir das 18:00h.