Teatro
Elefante Elegante

Tristán
Praza de Azcárraga Venres 21

Espectáculo que conta a historia de Tristán. Un día, de tan triste que estaba decidiu arrincar o seu corazón para nunca máis sufrir e deullo a un paxaro que pasaba por alí. Mais as cousas non lle saíron como el esperaba. Tristán non deixou de sufrir, e o que foi peor, nunca máis un sorriso, por pequeno que fose, se debuxou nos seus beizos. A partir daquel día pasaron a chamarlle Tristán cara de can. Mais a historia non remata así… Dentro dunha misteriosa caixa aparece unha boneca de trapo que vai tentalo todo para facer rir ao noso personaxe. ¿Será ela capaz?