Obradoiros
Galiocio

Obradoiro de Herbas de San Xoán
Campo da leña Domingo 23

En San Xoan conectamos coa Galiza milenaria, a Galiza das meigas e os feitizos, a Galiza do lume e das tradicións, dos males de ollo e das herbas de San Xoan.

Este Obradoiro propón un achegamento a esta tradición tan identitaria , onde se elaborará o ramo das herbas de San Xoan coas herbas tradicionais; o fiuncho, o fento, o codeso, a abeloura (ou herba de San Xoan), a malva, o romeu, herba luisa…entre outras. Deberemos deixalas repousar toda a noite en auga de sete fontes, para que a mañá seguinte, ao lavar a cara con esa auga de herbas, espantemos os feitizos e o mal de ollo!

O obradoiro celebrarase o día 23 de Xuño ás 12:30 no Campo da Leña.