Música
Martiña Soñadora

Concerto Musical
San Pedro de Visma Venres 21

Martiña soñadora son Sabela King á voz e ukelele e Carlos Gil Fandiño ao piano e voz. É unha formación recente que naceu para o desfrute dos nenos e nenas dunha música composta especialmente para el@s. Con Martiña soñadora bailarán, aprenderán das músicas e gozarán de cancións con ritmos brasileiros, portugueses, do rock and roll e mesmo do blues con fermosas letras en galego, e incluso en francés. Todas as cancións son orixinais do grupo.