Música
Pakolas

Pakolas
Campo da leña Luns 24

“Pakolas” é Paco Cerdeira, autor e compositor, músico, e tamén produtor de música pensada para @s mais cativ@s. Este é o nome que que lle gusta que o coñezan entre a poboación de curta idade. Ten longa traxetoria neste eido profesional, pasando por grupos como Mamá Cabra do que formou parte durante 10 anos, sendo fundador e formando parte de A Gramola Gominola na actualidade (compositor, guitarra e voz), e presentando tamén un proxecto individual e moi persoal para o público mais pequeno, “Pakolas”, que xa conta con un librodisco no mercado co mesmo nome (Nov 2017, ED Galaxia), e leva xirando coas súas cancións por toda Galicia dende o mes de Abril de 2017 cos seus espectáculos.