Teatro
Peter Punk

Chungo que te cagas
Praza das Conchiñas Martes 18

Neste espectáculo de carácter cómico, o noso artista transfórmase en Peter Punk, un personaxe imaxinario chegado do país de Nunca Máis. Como un neno que se nega a medrar, Peter Punk xoga en escena co público, coa palabra e, por suposto, con todos os aparellos que vai sacando da súa maleta. Un espectáculo sen tregua, cheo de humor e malabares, no que a comicidade se mestura coa habilidade na procura da gargallada do público.