Música
Píscore

Domingo 24
| Praza de María Pita | 18:00

Premio do Público Festiclown 2017. Que pasa cando se convoca a catro grandes solistas para un único concerto? Catro prestixiosos músicos fronte a un gran conflito: 16 baquetas e unha única marimba. Eles están dispostos a facela soar do xeito máis orixinal e asombrosa. Organizarse si que non vai ser tan fácil… 

Píscore achéganos a mellor música e moito humor para un concerto singular nunha proposta que se encadra na liña dos grandes espectáculos que mesturan o virtuosismo musical e os ritmos coa comedia xestual, o clown e a participación do público.