Teatro
Títeres Tanxarina

Títiricircus
Campo da leña Luns 24

Espectáculo de monicreques de fío e actores da compañía Tanxarina. Trátase dunha lembranza fantástica e festiva do grande circo de carpa alta e bicolor: a historia de dous vellos traballadores daquel circo que lembran agora con monicreques de fíos as glorias do seu pasado na pista.

Nun permanente xogo participativo co público, van aparecendo os números máis importantes daquel vello circo xa desaparecido: o home máis forte da Península Ibérica, o malabarista máis divertido e bailadeiro do mundo…