Teatro
Títeres Trompicallo

Xoves 21
| Praza Elíptica | 18:00

Rosalia, Jiñol, o Sr. Bulú e o Policia ven alterada a sua vida pola inesperada chegada dun paquete que contén nada máis y nada menos que … ¡un cocodrilo! Este é o principio dunha historia dinámica e divertida, contada con títeres de luva, na que as distintas situacións da obra xiran entorno ao comportamento que os títeres teñen co intruso. A evolución deste conto desemboca nun inesperado final.

A estúpida idea do Sr. Bulú de facerse uns zapatos, achega ao teatriño un estrano paquete dun lonxano país. ¡Que nervios ten o Sr. Bulú! … Pero … pero … ¿esto que é???? ¡Socorro, socorro! ¡Un crocodrilo! ¡Policiaaaaaaaaa!. A partir deste intre as mais absurdas situacións sucédense sin orden nin concerto. Jiñol, contratado polo Sr. Bulú, construe ca última tecnoloxia “punta” os máis diversos artiluxios para dar caza ao crocodrilo. O Policia, cachiporra en ristre, acosa incesantemente ao reptil para atraelo as trampas que prepara Jiñol. ¡Agora! … ¡Piiiiiiiiiii! … ¡Delle! … ¡Plas, pum! … ¿pero… Sr. Bulú … que facia vostede ahí? Namentres, Rosalia, a filla de Jiñol, farta de que o seu pai sempre este traballando e non lle faga caso, decide que ter unha mascota é unha grande idea, sobre todo si se trata dun enorme crocodrilo verde. ¡Seguro que a papá vaille encantar! As distintas relacións das persoaxes co animal desembocan nun encontro no que … ¡Coidado, Sr. Bulú, coidado co…! ¡Piiiii! ¡Plas! ¡Ai! ¡Nenaaaa! ¡Papaaaaaaa! ¡Piiiiiiiiiii! ¡Ai!, ¡Esto non funciona!, Papa, escoita … ¡Piiiiiiiii! ……¡Ai, ai!. Algo inesperado acontece de súpeto, algo que a ninguén se lle pasara pola cabeza, algo … algo que vas ter que vir ver.